Tuesday 21 de May de 2024

Campo da Feira de Ordes transfórmase en estudio de cine por un día


O Campo da Feira de Ordes converteuse por un día en escenario para a serie ‘Pazo de Familia’ emitida pola TVG. O seu director tamén escolleu a discoteca LP45 para a gravación do capítulo, no que unha das protagonistas acode á vila de Ordes para vivir unha noite de festa e diversión na compaña do seu chofer, do cal está completamente namorada. Os labores que se levarán a cabo durante todo o día obrigan a cortar por momentos puntuais a circulación, e a restrinxir as zonas de estacionamento de vehículos.